Friday 03 de May de 2024

O delegado e a subdelegada do Goberno celebran en Boqueixón a declaración da Festa da Filloa de Lestedo como Festa de Interese Turístico Nacional


O Centro de Interpretación do Pico Sacro (Cachosenande – Lestedo – Boqueixón) acolleu hoxe un almorzo con motivo da presentación da declaración da Festa da Filloa de Lestedo como Festa de Interese Turístico Nacional. A él asistiron o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco Lobeiras; a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas López; o alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro Tato, e o presidente da Asociación Cultural da Filloa de Lestedo, José Manuel Canabal Vázquez.

Ovidio Rodeiro Tato subliñou a colaboración entre as diferentes institución para acadar esta declaración de Festa de Interese Turístico Nacional a Festa da Fillo e quixo poñer en valor todo o que elo supón: “quero poñer en valor o traballo que fan os homes e mulleres de Lestedo. As filloeiras e filloeiros que lograron co seu traballo e esforzo durante máis de corenta anos facendo filloas este recoñecemento”. O alcalde agradeceu “ a colaboración intensa dos últimos anos da Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Turismo a hora de lograr esta declaración de Interese Turístico Nacional que da a Secretaria de Estado e Turismo”. Así deu as grazas o delegado de goberno e a subdelegada que se achegaran esta mañá ata Boqueixón para por en valor a Festa de Lestedo.

Como explicou o alcalde de Boqueixón este recoñecemento “ é un revulsivo para as empresas de Boqueixón porque non só empezan a comercializar as súas filloas de Lestedo, pois tamén están sendo convidadas a participar en diferentes eventos, ao que hai que sumar que os restaurantes da zona serven todo o ano estas filloas é serán un reclamo turístico máis ao pé do Pico Sacro”.

Pola súa parte, José Manuel Canabal Vázquez amosou a súa satisfacción ante “un mérito que é dos veciños e veciñas de Lestedo” e lembrou que “máis de 250 persoas traballan todo o ano neste festexo”.

Durante o acto de presentación, dúas filloeiras estiveron elaborando filloas no centro de interpretación para a súa degustación canda outras elaboracións xa preparadas con recheos doces e salgados. Unha das filloeiras Isabel Tejo puxo de manifesto “a alegría de todo o pobo de Lestedo por este recoñecemento, porque quen veña a Lestedo dirá hai que visitar o Pico e comer unha filloa. A filloa e como o pan, a quen non lle gusta?”.

Deja un comentario